miércoles, 4 de mayo de 2011

O PARQUE DE BOMBEIROS COMARCAL COMENZA A FUNCIONAR: XA ESTAMOS MÁIS TRANQUILOS

O parque de bombeiros de Sarria, integrado no consorcio provincial da Deputación, servirá para dar servizo a 10 concellos: Baralla, Becerreá, O Corgo, O Incio, Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Triacastela e Sarria, así como atender calquera urxencia noutros lugares ao ser de ámbito provincial.
As instalacións contan con 19 profesionais, 6 cabos e 12 bombeiros, todos condutores baixo a coordinación do sarxento José Manuel López.
As quendas de traballo que desenvolven son de 12 horas. De 9 a 21 horas están de servizo 4 persoas e de 21 a 9 facer garda 3, aos que hai que sumar que o responsables do posto está sempre dispoñible.
A totalidade de traballadores son da provincia e a maioría de poboacións do ámbito de influencia do parque, polo que que coñecen perfectamente a zona. Para acceder ao posto, ademais de pasar as pertinentes probas, realizaron un curso de formación de 333 horas na Estrada.
No que compete ao equipamento, contarán cun camión autoescalera capacitado para actuar a 32 metros de altura, un vehículo abastecedor con 8.000 litros de auga, outro todoterreo con 2.000 litros e outro preparado con todo o necesario para chegar a lugares practicamente inaccesibles. Dispoñen tamén dun completo equipo de excarceración para actuar en caso de accidente.
O parque de bombeiros era unha das peticións máis perentorias dos concellos da comarca, que ata o momento tiñan que depender dos destacamentos de Lugo ou Monforte para atender algunha urxencia, co problema do tempo que tardaban en desprazarse, así como de que son parques municipais que podían non estar dispoñibles nalgunha ocasión.

No hay comentarios: