miércoles, 4 de mayo de 2011

O INLUDES CONCEDE AXUDAS POR MÁIS DE 17.000€ NO INCIO PARA MELLORAS DE INFRAESTRUCTURAS NO RURAL

Os beneficiarios destas axudas no Incio foron a Asociación de Veciños de Trascastro (6.000€) para o adecuación de camiños e canalización de auga, Agrupación de Veciños de Pousada (6.000€) "Mellora de camiño e bebedeiro", Asociación Veciñal e Cultural "Terras da Castiñeira" (2.737,50) e a Asociación "Os Turulecas do Incio" "Acondicionamento de espazo público na Cervela" (3.225€)
A Comisión Executiva do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) aprobou este luns as obras incluídas no plan de axudas, dotado con 600.000 euros, e creado para apoiar ó medio rural e impulsar o sector primario. A través desta iniciativa, o organismo dependente da Deputación executará 120 actuacións nos núcleos rurais da provincia que benefician a outras tantas asociacións e agrupacións de gandeiros ou de cidadáns sen ánimo de lucro pertencentes a 47 Concellos. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, subliñou que “esta iniciativa ten unha maior importancia se temos en conta que o rural está a atravesar un proceso complicado. Lugo é sobre todo campo, polo que todas as administracións debemos implicarnos en impulsar o sector. Non como está a facer a Xunta de Galicia que non só non apoiou o Centro de Recría senón que este ano recortou drasticamente as axudas ós gandeiros galegos”.

No hay comentarios: