martes, 3 de mayo de 2011

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO INCIO

A Agrupación do PSdeG-PSOE do Incio presentou  a súa candidatura as próximas eleccións municipais, na que incorpora 6 caras novas respecto dos pasados comicios.
“Afrontamos estas eleccións cun gran programa de goberno, un equipo xove, con ilusión e preparado. E só sabemos que podemos facelo mellor que os que nos precederon”.
En palabras de Laura Celeiro “Os socialistas do Incio temos a confianza de que todo funcionará mellor co noso goberno, onde as persoas sexan as protagonistas da vida municipal e a participación cidadá o eixo da mellor xestión. O noso compromiso é o de gobernar por e para as persoas”
Os principais proxectos do noso programa son: a modificación do PXOM para adaptalo as necesidades reais do noso municipio, a creación dun Centro de Día público para os nosos maiores, a posta en marcha dun polígono industrial e a creación dun mini viveiro de empresas para xerar emprego no municipio, facilitar o acceso á vivenda dos mozos e mozas e favorecer o asentamento de familias no Incio para deste xeito frear o despoboamento, extender a creación-dinamización de centros sociais en tódalas parroquias e moitas máis cousas que aparecen reflexadas no noso programa electoral e que explicaremos polo miúdo os veciños e veciñas.
Laura Celeiro tamén recalcou que a maior parte das inversións que se executaron no Concello viñeron de mans do partido socialista: Como o Plan E de Zapatero, o PEIM do Ministerio de Medio Ambiente, a mellora da LU-641 (Grazas á Xunta de Emilio Pérez Touriño) ou as numerosas inversións na mellora do rural grazas á Deputación de Lugo.

No hay comentarios: