
A Agrupación do PSDG-PSOE o Incio invitate a cea que se celebrará o sábado día 12 de abril ás 21:30 horas da noite, nunha carpa habilitada para a ocasión no campo da festa do Val do Mao.
As tarxetas cuxo coste son de 18 euros poderán retirarse antes do 10 de abril poñendose en contacto coa portavoz do partido, Laura Celeiro ou con calquera outro membro da Agrupación do Incio.
Contamos coa tua inestimable presenza nunha cea na que os socialistas do Incio, pretendemos ante todo, pasar un agradable momento cos compañeiros/as de partido, intercambiando impresións, e celebrando unha vez máis, o victorioso resultado acadado polo partido socialista nas pasadas eleccións xerais do 9 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario