A portavoz do PSDG-PSOE do Incio, Laura Celeiro queixase, ademáis, da mala distribución dos puntos de luz no concello e asegura que “habendo puntos negros no municipio, en Noceda hay unha iluminación excesiva, sen que haxa casas, alumeando hortas ou camiños”. A edil socialista recorda que o alcalde vén de solicitar un crédito de 73.108 euros, dos que máis da metade se supón que se destinarán ao “acondicionamento e mellora dos accesos a núcleos municipais”. “Non entendemos”, conclúe Celeiro, “que habendo casas sen alumeado público se saque un crédito para poñer catro farolas nunha vía sen vivendas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario