O INCIO, 17 DE MARZO DE 2007.- A corporación socialista do concello do Incio xestionou a instalación dun punto de luz para un establecemento público de Santa Cruz de Oural, no que ademáis viven dous nenos en idade escolar, despois de que o alcalde se negara durante dez anos a poñelo aducindo que era moi caro.
Os socialistas Laura Celeiro e José Carlos Pereiro presentaran unha moción no pleno do día 2 de outubro, insistindo na necesidade de instalar unha farola nun punto negro existente no número 6 de Santa Cruz de Oural. Os edís do PSOE recordaban, na súa moción, que o establecemento xa contaba cun poste de alumeado público, polo que se trataba tan só de colocar o punto de luz.
Na súa resposta, o alcalde negou a existencia do “punto negro”, chamándolle “punto de sombra” e aduciu como motivos para seguir adiando a colocación do punto de luz, que a propietaria asegura levar dez anos solicitando, a “titulariedade autonómica” da vía e o custe da instalación, que segundo el ascendía a “516 euros”. Neste sentido, o rexedor municipal animou aos edís socialistas a xestionar a instalación da luminaria, tralo que el se comprometía a asumir o mantemento.
Unha vez realizadas as xestións pertinentes, a farola está xa instalada no poste situado fronte ao cafe-bar de Vila de Mouros – San Miguel. Laura Celeiro, afirma, ademáis, que o custo foi moito menor, preto dos 200 euros. “Non entendemos”, remata a portavoz municipal socialista, “como se xestionan os cartos públicos no Incio, cando o alcalde di que poñer un punto de luz custa 516 euros e nós xestionamos este por uns 200”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario