viernes, 17 de octubre de 2008

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE ESTRADAS.ANUNCIO

Resolución de 30 de setembro de 2008, do Servizo Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do "proxecto constructivo do corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito Sarria – Noceda. Clave: LU/03/007.01.1; corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito Noceda - A Áspera. Clave: LU/03/007.01.2, termos municipais de Sarria e O Incio".
TextoO artigo 28 do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.Con data 14 de xullo de 2006, procédese á aprobación do "proxecto de trazado do corredor Sarria-Monforte. Clave LU/03/007.01, termos municipais de Sarria, O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos", polo Director Xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.Con data 28 de decembro de 2007 a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 269/2007, publicado no DOG nº 21, do 30 de xaneiro de 2008.Con data 11 de setembro de 2008, procédese á aprobación do "proxecto constructivo do corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito Sarria – Noceda. Clave: LU/03/007.01.1, termos municipais de Sarria e O Incio", polo Director Xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Con data 11 de setembro de 2008, procédese á aprobación do "proxecto constructivo do corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito Noceda - A Áspera. Clave: LU/03/007.01.2, termos municipais de O Incio e Bóveda", polo Director Xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de Expropiación Forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este Servizo Provincial, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, á data e á hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.CONCELLO DE SARRIA:Día: 26 de novembro de 2008En: Casa do Concello de SarriaHorario: 9:00 a 13:00 De: ALVAREDO ALVAREDO JOSE a FERNANDEZ DIAZ DOMINGO ANTONIOEn: Casa do Concello de SarriaHorario: 16:00 a 18:00 De: FERNANDEZ DOSIO MARIA a GONZALEZ ARIAS GERMANDía: 27 de novembro de 2008En: Casa do Concello de SarriaHorario: 9:00 a 13:00 De: GONZALEZ ARIAS JOSE A. a LOPEZ SOMOZA AUREAEn: Casa do Concello de SarriaHorario: 16:00 a 18:00De: LOPEZ SOMOZA FRANCISCO JAVIER a MONDELO GONZALEZ JOSEDía: 28 de novembro de 2008 En: Casa do Concello de SarriaHorario: 9:00 a 12:00De: MONTE COMUNAL DE VECINOS DE CHORENTE a VILA RODRIGUEZ ALVAROCONCELLO DE O INCIO:Día: 1 de decembro de 2008 En: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 10:00 a 13:00 De: ALVAREDO DIAZ JOSE a FERNANDEZ ARIAS ARTUROEn: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 16:00 a 18:00 De: FERNANDEZ ARIAS AURITA a FRANCO FREAN EMILIODía: 2 de decembro de 2008 En: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 9:00 a 13:00 De: FRANCO LOSADA ANTONIO a LOPEZ BLANCO MARIA MILAGROSEn: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 16:00 a 18:00 De: LOPEZ CASTRO AMADOR a LOPEZ GONZALEZ CLAUDIODía: 3 de decembro de 2008 En: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 9:00 a 13:00 De: LOPEZ GUITIAN JOSE a MAGNESITAS RUBIAN SAEn: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 16:00 a 18:00 De: MIGUELEZ FRANCO FERNANDO a PARDO QUIROGA JOSE LUISDía: 4 de decembro de 2008 En: Mesón Túnel - Vila de Mouros (O Incio)Horario: 9:00 a 13:00 De: PEREIRA LOPEZ ANTONIO a VILAR QUINTA JOSEA relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos Concellos de Sarria e O Incio e no Servizo Provincial de Estradas de Lugo (Edif. Adtvo. Ronda da Muralla, 70).Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar ós documentos acreditativos da súa titularidade, Documento Nacional de Identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Estradas en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.Lugo, 30 de setembro de 2008.- O Xefe do Servizo Provincial de Estradas, Gerardo Pallares Sánchez.

No hay comentarios: