viernes, 26 de junio de 2009

A DEPUTACIÓN DE LUGO DESTINA 17.000 EUROS PARA O ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO CENTRO SOCIO-CULTURAL E ACCESO DE SANTA MARÍA A CEREIXIDO

A Deputación de Lugo destina 17.000 euros para o acondicionamento do entorno do centro sociocultural do Val do Mao e o acceso de Santa María a Cereixido.
As obras teñen un orzamento de 24.285,71€, a Deputación de Lugo achega 17.000€ en concepto de subvención e o Concello do Incio o 30% restante, en total: 7285,71.
Estas obras poderán executarse con cargo ás subvencións destinadas á realización de pequenas obras de infraestructuras para concellos da provincia de Lugo de menos de 5.000 habitantes (anualidade 2009)

No hay comentarios: